Ola, se chegaches ata esta web, imaxino que che interesará saber algo máis sobre min. Chámome Segundo Fdez e son deseñador.

En 2006 xunto con Natalia Crecente e Diego Vilariño creamos Sond3 e entre outros recoñecementos, fomos premiados na II bienal de deseño iberoamericano Bid 2010, na categoría de deseño dixital.

Dende entón sigo traballando en proxectos de comunicación, compaxinando a miña profesión ca participación de forma activa na asociación galega de deseño, á que pertenzo dende a súa fundación.

Ao longo deste tempo, entre outras cousas, invitáronme a ser xurado nos II premios de comunicación e marketing de Galicia, participar en varias charlas e talleres falando de retículas ou de proxectos persoais no I encuentro de deseñadores e deseñadoras galegos.